Comprendendo o papel das pradarías de Zostera no mantemento de poblacións de recursos marisqueiros nun escenario de cambio climático
Os leitos de pastos mariños son ecosistemas ecoloxicamente fundamentais en augas pouco profundas, xa que desempeñan un papel importante en todos os procesos costeiros. Aumentan a produtividade das augas, atrapan e reciclan nutrintes, estabilizan sedimentos, contribúen ao secuestro de carbono, a mitigar o cambio climático e á resiliencia dos sistemas costeiros, crean un hábitar de cría, alimentación e refuxio perfecto para vertebrados e invertebrados…
Todos estes aspectos fanos fundamentais para menter poboacións de especies comercialmente importantes, desempeñando un papel clave na sostibilidade da pesca a pequena escala. Non obstante, a pesar da súa importancia, os pastos mariños están experimentando un rápido declive: cada ano pérdese arredor do 7% da súa distribución global. As principais ameazas destes leitos están relacionadas co aumento da temperatura asociado co cambio climático, a eutrofización, o incremento da radiación ultravioleta, o aumento da turbidez ou da presenza de especies invasoras, entre outras.
A pesar de que non existen evidencias sólidas de que a perda destes leitos teñen drásticas consecuencias económicas negativas nas pesquerías, os pastos mariños soen quedar fóra da axenda de conservación de gobernos e organizacións internacionais. Esta situación agrávase nas zonas marisqueiras de Galicia, xa que a recolección de marisco e a conservación dos leitos de Zostera poden entrar en conflicto.
O proxecto ZEUS investigará o papel dos leitos intermareais de Zostera noltei como áreas de cría e hábitats adultos de tres especies comerciais de ameixas e como hábitat que favorece a resposta das distintas especies de ameixa ás vagas de calor e ás fluctuacións das condicións de salinidade. Dado que o efecto positivo pode ser bidireccional, tamén se estudiarán os posibles efectos das ameixas na Zostera.
Por outro lado, utilizando varios enfoques de modelado avaliarase a contribución dos leitos de Zostera á sostibilidade das poboacións de ameixas e os cambios no valor económico deste hábitar para os recursos marisqueiros nun escenario de cambio climático.
Estudiaranse leitos de Zostera noltei de zonas de marisqueo das rías de Pontevedra, Arousa e Muros. Nelas hai importantes bancos marisqueiros como os de Cambados, Combarro e Testal, respectivamente.
Obxectivos xerais
– Proporcionar información que facilite unha xestión integral e eficiente dos recursos marisqueros en leitos intermareales de Zostera nun contexto de cambio climático no que os eventos extremos serán máis frecuentes e intensos.
Objxectivos específicos
– Avaliar a función de criadeiro e o papel de distintos tipos de leitos de Zostera como hábitat de individuos adultos reproductores.
– Avaliar as respostas ecofisiolóxicas recíprocas entre ameixas e plantas de Zostera ante eventos extremos.
– Utilizar diferentes técnicas de modelado para avaliar o papel dos leitos intermareais de Zostera no mantemento de poboacións de ameixas considerando eventos extremos.
– Estimar o valor económico dos diferentes leitos de pastos mariños segundo a súa función como criadeiro e/ou hábitat de especímenes adultos e a súa capacidade para amortiguar as condicións ambientais adversas derivadas de eventos extremos.
O proxecto ZEUS contempla diferentes accións relacionadas con cada un dos obxectivos marcados:
– Mapear os leitos de pastos mariños intermareales e estimar a complexidade dos mesmos.
– Avaliar as densidades, estado reprodutivo e tamaño das ameixas en leitos mariños intermareais de diferente complexidade.
– Estudar os efectos da baixa salinidade nas interaccións entre ameixas e a Zostera.
– Analizar os efectos das vagas de calor na interacción entre ameixas e Zostera.
– Establecer os efectos a longo prazo da baixa salinidade e o estrés por vagas de calor en ameixas xuvenís en leitos de Zostera de diferente complexidade.
– Estimar o valor económico dos diferentes leitos de pastos mariños segundo a súa función como criadeiro e/ou hábitar de organismos adultos e a súa capacidade para amortecer condicións ambientais adversas derivadas de eventos extremos.
– Difundir e concienciar á sociedade sobre a importancia ecolóxica e económica dos leitos intermareais de Zostera.
O proxecto, desenvolvido polo grupo de investigación en Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo, ten un enfoque transdisciplinario que inclúe socios e colaboradores que combinan unha ampla experiencia en modelado ecolóxico, especies invasoras e bioloxía de invertebrados, ecoloxía de comunidades bentónicas, genómica e proteonómica, ecoloxía larvaria e ecofisioloxía de organismos intermareais, así como impactos socioeconómicos do cambio climático na pesca.
Colabórase ademais con técnicos en xestión de marisquerías de tres confrarías de pescadores e con investigadores da Universidade de Vigo, da Universidad Rey Juan Carlos e da Universidad de Carolina del Sur.
Na siguiente ligazón pódese ver un vídeo relacionado co Proxecto Zeus (comeza no minuto 14:47) que se emitiu no programa ‘Vivir o mar’ na TVG:
Grupo de Investigación en Ecología Costera
Universidade de Vigo | Dpto. Ecología y Biología Animal
Ecocost © 2019. Todos los derechos reservados
Financiado por la Convocatoria de ayudas para la consolidación y estructuración de unidades de investigación competitivas del Sistema universitario de Galicia GRC2013-004, ED431C 2017/46 y ED431C 2021/42.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN | |
+34 986 812 000 | |
informacion@uvigo.es |
CAMPUS DE OURENSE | |
+34 988 387 102 | |
Campus da Auga |
CAMPUS DE PONTEVEDRA | |
+34 986 801 949 | |
CampusCREA |
CAMPUS DE VIGO | |
+34 986 801 949 | |
VigoTecnolóxico |
CONTACTO |
BUZÓN DE QUEJAS, SUGERENCIAS Y FELICITACIONES |
OTRAS WEBS INSTITUCIONALES |
CAMPUS DO MAR |
TRANSPARENCIA |
EMERGENCIAS |
MURO SOCIAL |