A “RED ESPAÑOLA DE MACROALGAS MARINAS INVASORAS (REMMI)”, fundada pola Universidad de Málaga no ano 2020, trátase da primeira rede española centrada no estudo das macroalgas invasoras. Así, os expertos que integran REMMI pertencen as universidades de Granada, Cádiz, Sevilla, Vigo, La Laguna, Barcelona e Xirona; ao Centro de Estudios Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC), ao Instituto Español de Oceanografía e ao Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (IMEDEA- CSIC). Entre os obxectivos da REMMI atópanse a actualización e coordinación da información existente sobre as especies de macroalgas mariñas invasoras nas diferentes demarcacións mariñas; a identificación das especies exóticas potencialmente invasoras en España; a recompilación das accións que se están levando a cabo por parte das diferentes administracións xestoras, tanto locais, rexionais como nacionais; así como a transferencia deste coñecemento aos axentes xestores e á sociedade no seu conxunto mediante a celebración de seminarios e á impartición dun curso.
Subvencionada polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades no ano 2019, a Red Temática de Micro y Nanoplásticos en el Medio Ambiente (EnviroPlaNet) propón coordinar a un conxunto interdisciplinar de grupos de investigación españois que traballan en temas relacionados coa contaminación por materiais plásticos. O obxectivo é mellorar a coordinación dos grupos en aspectos clave que actualmente supoñen un obstáculo á investigación tales como a dispersión metodolóxica das mostaxes e análises de mostras ou a falta de consistencia nos estudos toxicolóxicos e ecotoxicolóxicos.
Dende 2018 diversos membros do grupo participan na rede NET4SEA (Risk Assessment/Exposure Network for emerging contaminants in the marine environment) polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A Rede está composta por persoal de cinco universidades españolas e dous centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía. Nace co obxectivo de abordar a crecente preocupación social e da administración pública sobre os niveis crecentes de contaminantes emerxentes, incluíndo microplásticos, en diferentes compartimentos dos ecosistemas mariños e redes alimentarias e o seu eventual impacto na saúde humana.
Red española sobre basuras marinas (BAMAR)(2017). O obxectivo principal consistiu en crear un foro de interacción, debate e intercambio entre os grupos de investigación españois que traballan nunha temática tan complexa como emerxente e que supón unha gran problemática ambiental e socioeconómica a nivel mundial. Para garantir a análise deste problema desde todas as perspectivas, a Red BAMAR está composta por 10 grupos científicos distribuídos por toda España que abarcan un amplo abano de disciplinas, creando unha verdadeira rede nacional de colaboración.
A Rede para o Estudo e a Promoción dos Servizos Ecosistémicos de Bivalvos (BIVALNET) (1/6/2023- 31/5/2025), cun total de 11 investigadores participantes, trátase dun Programa Estatal sobre recursos marisqueiros para impulsar a investigación científico-técnica e a súa transferencia. Ministerio de Ciencia e Innovación. Entidade subvencionadora: Redes de investigación 2022. Entidades participantes: IIM-CSIC, IEO-CSIC, IATS-CSIC, ICM-CSIC, UVIGO, UCA, UPV.
Grupo Español de Expertos en Ecosistemas de Carbono Azul creado no ano 2024, ten como obxectivo potenciar a interacción entre grupos de investigación nacionais e internacionais de especialistas no tema e informar aos diferentes sectores sobre a importancia e o potencial destes ecosistemas. O obxectivo último é ofrecer solucións para axudar á súa conservación e con iso á mitigación do cambio climático, á vez que contribuíndo ao crecemento económico e ao benestar da sociedade
El European Bioplastics Research Network (EBRN) é unha rede de investigación estratéxica, coordinada por BIO-PLASTICS EUROPE (2019-2023). Ten como obxectivo discutir e difundir coñecementos de vangarda no campo dos plásticos de base biolóxica en toda Europa, catalizando novas ideas e solucións rápidas en todo o panorama da investigación e a innovación. Neste contexto, EBRN congrega a representantes de universidades, institucións de investigación e empresas interesadas na investigación de plásticos biodegradables e de base biolóxica. As reunións regulares e as relacións con outras organizacións neste campo axudan a alcanzar sinerxias e evitar duplicidades.
A Rede Europea de Bioeconomía (European Bioeconomy Network- EuBioNet) é unha alianza proactiva desde o 2018 de 110 proxectos e iniciativas financiados pola UE relacionados coa promoción, comunicación e apoio da Bioeconomía. O obxectivo principal é maximizar os esforzos, aumentando o intercambio de coñecementos, a creación de redes, a aprendizaxe mutua, a coordinación de actividades e eventos conxuntos.
Así mesmo, desde 2018 desde 2018 o grupo participa na rede de laboratorios mariños europeos (EMBRC-ERIC) subvencionada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O obxectivo desta rede é a de fomentar a investigación conxunta tanto básica como aplicada e ampliar as capacidades europeas en bioloxía mariña mediante a innovación e a aplicación de novas tecnoloxías na procura de solucións sustentables nos sectores de alimentación, saúde e medio ambiente.
No ano 2017 creouse a Cryobanking Marine JRA2 (ASSEMBLE). Baséase no desenvolvemento de metodoloxías de crioconservación robustas e reproducibles para varias etapas de vida dunha gama de macroorganismos mariños e microorganismos actualmente crio-recalcitrantes. Os resultados mellorarán e ampliarán a dispoñibilidade de recursos biolóxicos para o acceso Transnacional (AT) a custos significativamente reducidos. A rede consta de 24 institucións de 16 países europeos.
A rede “Alien Species Network – ASN” (2017-2019) está composta por investigadores de 5 grupos do Sistema Universitario Gallego (SUG) máis investigadores dun grupo da Universidade de Coimbra en Portugal, cun total de 22 PDI, 7 contratos post-doutorais, e 16 doutorandos que realizan investigación no ámbito das especies alóctonas e teñen como obxectivo común manter unha relación de colaboración para traballar en dita temática.
En 2017, membros do grupo participaron nunha nova rede subvencionada por CYTED, a rede ECOMAR (Rede Iberoamericana para a avaliación e vixilancia de servizos ecosistémicos mariño-costeiros), que reúne a 14 institucións de 9 países e nace co obxectivo de promover a investigación e a cooperación científico-técnica relacionada coas áreas naturais protexidas que permitan mellorar a xestión das áreas a través de diferentes mecanismos e ferramentas.
O noso grupo de investigación participou en 2010-2013 na rede BIODIVMAR (Avaliación integral do estado de conservación da biodiversidade en ecosistemas mariños e costeiros do litoral de Iberoamérica para a adaptación ao cambio climático), que naceu para fomentar o intercambio de experiencias e a creación de vías de comunicación e difusión de información entre os países participantes para incentivar estudos de escenarios, impactos e medidas de adaptación ao cambio climático e para impulsar o desenvolvemento de estratexias enfocadas ao manexo responsable dos recursos mariños a partir da análise de cada unha das problemáticas máis urxentes da rexión. Estaba composta por 48 investigadores en cinco grupos de traballo de países iberoamericanos representantes de diferentes zonas xeográficas da Rexión Atlántica: Brasil, Costa Rica, Cuba, México, Venezuela e España.
O grupo de investigación participa no Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento CYTED desde 2010. CYTED é un programa intergobernamental de cooperación multilateral en Ciencia e Tecnoloxía, cuxo obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento da Rexión Iberoamericana mediante o establecemento de mecanismos de cooperación entre grupos de investigación das universidades, centros de I+D e empresas dos países iberoamericanos.
Rede de Colaboración IBERCHILE: fortalecemento das Ciencias do Mar nun océano cambiante. Desde o 5/4/2023 ata o 5/4/2024 estableceuse un convenio entre a Axencia Nacional de Investigación e Desenvolvemento e a Universidade de Magallanes. Concurso de Fomento á Vinculación Internacional para Institucións de Investigación, convocatoria 2022.
Coordinadora Xeral: Aida Hernández Zanuy (Instituto de Oceanología de Cuba) | ||
---|---|---|
País Participante | Institución Coordinadora | Coordinador |
Cuba | Instituto de Oceanología de Cuba | Pedro Alcolado |
España | Universidade de Vigo | Elsa Vázquez Otero |
Brasil | Universidad Federal de Paraná | Rosana Moreira da Rocha |
Costa Rica | Universidad Nacional de Costa Rica | Luis Sierra Sierra |
El Salvador | Universidad de El Salvador | Francisco Chicas Batres |
Guatemala | Universidad de San Carlos de Guatemala | Pedro Julio García Chacón |
Honduras | Universidad Nacional Autónoma de Honduras | Esther López Frías |
México | Universidad Nacional de México | José Luis Carballo Cenizo |
Panamá | Universidad Marítima Internacional de Panamá | Humberto Garcés Botacio |
Venezuela | Instituto Venezolano de Investigaciones Científicas | Luz Esther Sánchez Ruiz |
Grupo de Investigación en Ecología Costera
Universidade de Vigo | Dpto. Ecología y Biología Animal
Ecocost © 2019. Todos los derechos reservados
Financiado por la Convocatoria de ayudas para la consolidación y estructuración de unidades de investigación competitivas del Sistema universitario de Galicia GRC2013-004, ED431C 2017/46 y ED431C 2021/42.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN | |
+34 986 812 000 | |
informacion@uvigo.es |
CAMPUS DE OURENSE | |
+34 988 387 102 | |
Campus da Auga |
CAMPUS DE PONTEVEDRA | |
+34 986 801 949 | |
CampusCREA |
CAMPUS DE VIGO | |
+34 986 801 949 | |
VigoTecnolóxico |
CONTACTO |
BUZÓN DE QUEJAS, SUGERENCIAS Y FELICITACIONES |
OTRAS WEBS INSTITUCIONALES |
CAMPUS DO MAR |
TRANSPARENCIA |
EMERGENCIAS |
MURO SOCIAL |