Ofertas de emprego

 

2019

Ofertas activas

(16/4/19) O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal ofrece o seguinte contrato dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP).

Posto solicitado: Técnico de apoio á investigación.

Toda a información no seguinte documento: Contratos ALGANAT2000 - Técnico

Os candidatos deben enviar CV e unha carta de presentación (ambas en formato pdf) á investigadora Celia Olabarria (colabarria@uvigo.es), data límite: 23 de abril de 2019.

 

Ofertas pasadas

(31/1/18) O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal e o grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas (http://geotech.webs.uvigo.es/) do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, ofrecen os seguintes contratos dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, con la colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Postos solicitados: Xestor de proxecto, Investigador postdoctoral, Informático.

Os candidatos aos postos de Xestor de proxecto e Investigador postdoctoral deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación á investigadora Celia Olabarria (colabarria@uvigo.es), os candidatos ao posto de Informático deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación ao investigador Higinio González (higiniog@uvigo.es). Data límite: 20 xaneiro 2019.

Toda a información no seguinte documento: Contratos ALGANAT 2000