Colaboracións

Redes europeas

A rede ASN está composta por investigadores de 5 grupos do Sistema Universitario Galego (SUG) máis investigadores dun grupo da Universidade de Coimbra en Portugal, cun total de 22 PDI, 7 contratos post-doctorales, e 16 doutorandos que realizan investigación no ámbito das especies alóctonas e teñen como obxectivo común manter unha relación de colaboración para traballar en dita temática.

 

Ademais, desde o ano 2018 o grupo participa na rede de laboratorios mariños europeos.(EMBRC-ERIC, (http://www.embrc.eu/) subvencionado polo Ministeriode Ciencia, Innovación e Universidades. O obxectivo desta rede é promover a investigación conxunta, básica e aplicada, e ampliar as capacidades europeas en bioloxía mariña a través da innovación e da aplicación de novas tecnoloxías na procura de solucións sostibles nos sectores alimentario, sanitario e ambiental.

 

Desde 2018, varios membros do grupo participan na rede NET4SEA (Rede de avaliación / exposición de riscos para contaminantes emerxentes no medio mariño) polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A Rede está formada por persoal de cinco universidades españolas e dous centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía. Naceu co obxectivo de abordar a crecente preocupación da administración pública e social respecto do aumento dos niveis de contaminantes emerxentes, incluíndo microplásticos, en diferentes compartimentos de ecosistemas mariños e redes de alimentos, e o seu posible impacto na saúde humana.

 

Redes Iberoamericanas

O grupo de investigación participa no Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento CYTED (www.cyted.org) desde 2010. CYTED é un programa intergubernamental de cooperación multilateral en Ciencia e Tecnoloxía, cuxo obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento da Rexión Iberoamericana mediante o establecemento de mecanismos de cooperación entre grupos de investigación das Universidades, Centros de I+D e Empresas dos países iberoamericanos.
O noso grupo de investigación participou en 2010-2013 na rede BIODIVMAR (Avaliación integral do estado de conservación da biodiversidade en ecosistemas mariños e costeros do litoral de Iberoamérica para a adaptación ao cambio climático) (www.biodivmar.oceanologia.cu) que naceu para fomentar o intercambio de experiencias e a creación de vías de comunicación e difusión de información entre os países participantes para incentivar estudos de escenarios, impactos e medidas de adaptación ao cambio climático e para impulsar o desenvolvemento de estratexias enfocadas ao manexo responsable dos recursos mariños a partir da análise de cada unha das problemáticas máis acuciantes da rexión. Estaba composta por 48 investigadores en cinco grupos de traballo de países iberoamericanos representantes de diferentes zonas xeográficas da Rexión Atlántica: Brasil, Costa Rica, Cuba, México, Venezuela e España.
En 2014 CYTED concedeunos unha nova rede chamada CARIBERO.SOS (Adaptación baseada en ecosistemas para a xestión sostenible dos recursos mariños no Caribe) que comezou en setembro coa reunión de constitución da mesma en Cidade de Panamá.

En 2017, os membros do grupo participaron nunha nova rede subvencionada por organismos CYTED, a rede ECOMAR (Rede Iberoamericana para a avaliación e seguimento dos servizos de ecosistemas mariños e costeiros, (https://www.redecomar.org/) que reúne a 14 institucións de nove países e nace co obxectivo de fomentar a investigación e a cooperación científico-técnica relacionadas con espazos naturais protexidos que permiten mellorar a xestión das áreas a través de diferentes mecanismos e ferramentas.