Sobre o grupo

O grupo de Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo (EcoCost) fórmase en 2013 coa unión de catro investigadores (E. Vázquez, R. Beiras, B. Castro e O. Neto) que anteriormente formaban parte do grupo de Ecoloxía Mariña, grupo de referencia competitiva da Consellería de Educación de 2006 e 2010, e catro investigadores (C. Olabarria, M. Lastra, J. López e J. Troncoso) do grupo de Ecoloxía e Zooloxía. EcoCost está composto por un equipo multidisciplinar que centra os seus esforzos de investigación en diferentes liñas moi interrelacionadas entre si, integrando coñecementos, técnicas e metodoloxías procedentes da ecoloxía, zooloxía, xestión do marisqueo, oceanografía e a química e aplicándoas ao medio mariño. O grupo de investigación está desenvolvendo tres liñas de investigación:

Ecoloxía dos recursos marisqueiros: Bioloxía reproductiva e larvaria de invertebrados de interese comercial, principalmente bivalvos como o berberecho e navalla, así como percebe e ourizo. Actualmente estúdanse os efectos do quentamento global sobre as ameixas fina, babosa e xapónica en estreita colaboración coa Universidade de South Carolina (USA) nun proxecto financiado pola NASA.

Ecotoxicoloxía mariña: Avaliación integral da contaminación mariña mediante o uso combinado de ferramentas biolóxicas e química analítica. En concreto, os esforzos céntranse en varias áreas de investigación como son: 1) a descrición da sensibilidade de embriones e larvas de invertebrados mariños a certos contaminantes en ecosistemas costeiros, mediante o emprego de test de toxicidade dose-resposta, 2) o estudo da toxicidade de produtos antifouling, 3) a especiación química e biodisponibilidade de metais en presenza de materia orgánica, no desenvolvemento de bioensaios sensibles, ecolóxicamente relevantes e fáciles de estandarizar para a avaliación da contaminación en auga e sedimentos mariños e 5) na avaliación integral da contaminación mariña. Visita a web (www.ecotox.es)

Ecoloxía bentónica mariña: Organización e estrutura das comunidades bentónicas, e funcionamento dos ecosistemas, con especial atención ás relacións tróficas e os fluxos da enerxía. Unha parte importante da investigación nesta liña está centrada nos impactos que as especies invasoras e o cambio climático exercen no funcionamento dos ecosistemas bentónicos.

Acceso Rexistrado