Close

Colaboracións

Redes europeas

A rede ASN está composta por investigadores de 5 grupos do Sistema Universitario Gallego (SUG) máis investigadores dun grupo da Universidade de Coimbra en Portugal, cun total de 22 PDI, 7 contratos post-doutorais, e 16 doutorandos que realizan investigación no ámbito das especies alóctonas e teñen como obxectivo común manter unha relación de colaboración para traballar en dita temática.

Así mesmo, desde 2018 desde 2018 o grupo participa na rede de laboratorios mariños europeos (EMBRC-ERIC) subvencionada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O obxectivo desta rede é a de fomentar a investigación conxunta tanto básica como aplicada e ampliar as capacidades europeas en bioloxía mariña mediante a innovación e a aplicación de novas tecnoloxías na procura de solucións sustentables nos sectores de alimentación, saúde e medio ambiente.

Dende 2018 diversos membros do grupo participan na rede NET4SEA (Risk Assessment/Exposure Network for emerging contaminants in the marine environment) polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A Rede está composta por persoal de cinco universidades españolas e dous centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía. Nace co obxectivo de abordar a crecente preocupación social e da administración pública sobre os niveis crecentes de contaminantes emerxentes, incluíndo microplásticos, en diferentes compartimentos dos ecosistemas mariños e redes alimentarias e o seu eventual impacto na saúde humana.

Redes Iberoamericanas

O grupo de investigación participa no Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento CYTED desde 2010. CYTED é un programa intergobernamental de cooperación multilateral en Ciencia e Tecnoloxía, cuxo obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento da Rexión Iberoamericana mediante o establecemento de mecanismos de cooperación entre grupos de investigación das universidades, centros de I+D e empresas dos países iberoamericanos.

O noso grupo de investigación participou en 2010-2013 na rede BIODIVMAR (Avaliación integral do estado de conservación da biodiversidade en ecosistemas mariños e costeiros do litoral de Iberoamérica para a adaptación ao cambio climático), que naceu para fomentar o intercambio de experiencias e a creación de vías de comunicación e difusión de información entre os países participantes para incentivar estudos de escenarios, impactos e medidas de adaptación ao cambio climático e para impulsar o desenvolvemento de estratexias enfocadas ao manexo responsable dos recursos mariños a partir da análise de cada unha das problemáticas máis urxentes da rexión. Estaba composta por 48 investigadores en cinco grupos de traballo de países iberoamericanos representantes de diferentes zonas xeográficas da Rexión Atlántica: Brasil, Costa Rica, Cuba, México, Venezuela e España.

En 2014 CYTED concedeunos unha nova rede chamada CARIBERO.SOS (Adaptación baseada en ecosistemas para a xestión sustentable dos recursos mariños no Caribe) que comezou en setembro coa reunión de constitución da mesma en Ciudad de Panamá.

En 2017, membros do grupo participaron nunha nova rede subvencionada por CYTED, a rede ECOMAR (Rede Iberoamericana para a avaliación e vixilancia de servizos ecosistémicos mariño-costeiros), que reúne a 14 institucións de 9 países e nace co obxectivo de promover a investigación e a cooperación científico-técnica relacionada coas áreas naturais protexidas que permitan mellorar a xestión das áreas a través de diferentes mecanismos e ferramentas.

Coordinadora Xeral: Aida Hernández Zanuy (Instituto de Oceanología de Cuba)
País Participante Institución Coordinadora Coordinador
Cuba Instituto de Oceanología de Cuba Pedro Alcolado
España Universidade de Vigo Elsa Vázquez Otero
Brasil Universidad Federal de Paraná Rosana Moreira da Rocha
Costa Rica Universidad Nacional de Costa Rica Luis Sierra Sierra
El Salvador Universidad de El Salvador Francisco Chicas Batres
Guatemala Universidad de San Carlos de Guatemala Pedro Julio García Chacón
Honduras Universidad Nacional Autónoma de Honduras Esther López Frías
México Universidad Nacional de México José Luis Carballo Cenizo
Panamá Universidad Marítima Internacional de Panamá Humberto Garcés Botacio
Venezuela Instituto Venezolano de Investigaciones Científicas Luz Esther Sánchez Ruiz