Close

Sobre o grupo

O grupo de Ecoloxía Costera da Universidade de Vigo (EcoCost) fórmase en 2013 coa unión de catro investigadores que anteriormente formaban parte do grupo de Ecoloxía Mariña (E. Vázquez, R. Beiras, B. Castro y O. Nieto), grupo de referencia competitiva da Consellería de Educación de 2006 e 2010, e catro investigadores do grupo de Ecoloxía e Zooloxía (C. Olabarria, M. Lastra, J. López y J. Troncoso). EcoCost está composto por un equipo multidisciplinar que centra os seus esforzos de investigación en diferentes liñas moi interrelacionadas entre si, integrando coñecementos, técnicas e metodoloxías procedentes da ecoloxía, a zooloxía, a xestión do marisqueo, a oceanografía e a química e aplicándoas ao medio mariño. O grupo de investigación está a desenvolver tres liñas de investigación:

Ecoloxía dos recursos marisqueiros

Bioloxía reprodutiva e larvaria de invertebrados de interese comercial, principalmente bivalvos como o berberecho e navalla, así como percebe e ourizo. Actualmente estúdanse os efectos do quecemento global sobre as ameixas fina, babosa e japónica en estreita colaboración coa Universidad de South Carolina (USA) nun proxecto financiado pola NASA.

Avaliación integral da contaminación mariña mediante o uso combinado de ferramentas biolóxicas e química analítica. En concreto, os esforzos céntranse en varias áreas de investigación como son:

1) A descrición da sensibilidade de embrións e larvas de invertebrados mariños a certos contaminantes en ecosistemas costeiros, mediante o emprego de test de toxicidade dose-resposta.

2) O estudo da toxicidade de produtos antifouling.

3) A especiación química e biodispoñibilidade de metais en presenza de materia orgánica, no desenvolvemento de bioensaios sensibles, ecoloxicamente relevantes e doados de estandarizar para a avaliación da contaminación en auga e sedimentos mariños.

4) A avaliación integral da contaminación mariña.

Visita a web de Ecotox.

Ecoloxía bentónica mariña

Organización e estrutura das comunidades bentónicas e funcionamiento dos ecosistemas, con especial atención ás relacións tróficas e aos fluxos da enerxía. Una parte importante de la investigación en esta línea está centrada en los impactos que las especies invasoras y el cambio climático ejercen en el funcionamiento de los ecosistemas bentónicos.